O novo cemiterio de San Andrés do Corgo conta con capela e zona de servizos

A Deputación destinou 73.000 euros para a construción do camposanto

Novo cemiterio no Corgo. EP
photo_camera Novo cemiterio no Corgo. EP

O Presidente da Deputación, Darío Campo, acompañado de veciños, comprobou o resultado dos traballos de construción dun cemiterio na Parroquia de San Andrés, no municipio do Corgo. Trátase dunhas obras financiadas integramente polo organismo provincial, que achegou 73.000 euros. 

"Son máis dun cento os lucenses que viven en núcleos rurais das parroquias de San Andrés e Hospital, e que reclamaban ter este servizo preto das súas casas", explicou Campos. 

Entre as actuacións sobre o camposanto, estaba a construción dunha capela e unha sala contigua dotada con sanitarios. A ermita tamén está provista de instalación eléctrica e domótica e abastecemento de auga potable. 

Ademais, acondicionouse o seu interior e doutouse de vidreira e materiais traslúcidos. Os traballos no exterior consistiron en acondicionar a explanada interior do terreo perimetrado e na construción de redes de saneamento e drenaxes.

Comentarios