Nicolás Susena substitúe a Manuel Varela como párroco de Castroverde

O novo párroco, que se ordenou en 2017, desenvolverá o seu labor pastoral tamén en Bolaño, Camiño, Covelas, Montecubeiro, Pena, Rebordaos, Serés, Vilabade e Vilalle
Nicolás Susena Presas. EP
photo_camera Nicolás Susena Presas. EP

O novo sacerdote Nicolás Susena Presas substitúe a Manuel Varela Gorgoso párroco de dez núcleos de poboación do municipio de Castroverde. Susena, natural de Lalín, é capelán do Hula e responsable de pastoral familiar e do centro de orientación familiar diocesano, ocupacións que compaxinará co seu novo labor.

Nicolás Susena impartirá este domingo os seus tres primeiras misas no municipio, unha delas na igrexa da capitalidade, a partir das 13.00 horas. Será presentado aos fieis que asistan a estas eucaristías polo vigairo xeral da diocese, Mario Vázquez Carballo.

O novo párroco, que se ordenou en 2017, desenvolverá o seu labor pastoral en Bolaño, Camiño, Castroverde, Covelas, Montecubeiro, Pena, Rebordaos, Serés, Vilabade e Vilalle. A estes dous últimos núcleos chegou en 1964 o seu predecesor, Manuel Varela Gorgoso, que deixa unha fonda pegada polo seu labor pastoral, social e cultural.

Comentarios