sábado. 06.06.2020 |
El tiempo
sábado. 06.06.2020
El tiempo

Os negocios de Rábade pecharon a súa campaña para atraer clientela coa entrega de premios

Degustación de mexillóns en Rábade. XESÚS Ponche
Degustación de mexillóns en Rábade. XESÚS Ponche

Os negocios de Rábade pecharon este domingo a súa campaña para fidelizar clientela, que arrincou en Nadal e se prolongou ata o pasado venres, coa entrega dos premios, valorados en 1.100 euros. Este acto fíxose coincidir coa última sesión vermú das festas de San Vicenzo, que estivo amenizada pola orquestra Los Trovadores. 

Pouco antes das tres da tarde, a asociación de comerciantes e a que agrupa a hostaleiros e negocios de alimentación, que se aliaron nesta iniciativa, procederon ao sorteo. A cesta con diversos produtos valorada en 500 euros recaeu en Juan Rego, mentres que os tres vales de compra por valor de 200 euros cada un —100 a trocar en locais de hostalería e outros 100 en tendas de alimentación— foron para Teresa, María José e Marcos. 

O hostaleiro Julio García, un dos organizadores de Merca no Comercio Local, sinalou que durante as semanas que durou a campaña pasouse a cifra das 10.000 rifas repartidas. Agradeceu a implicación de veciños e negocios, e recordou que nesta segunda edición participaron un total de 24 establecementos. 

DEGUSTACIÓN CULINARIA. No segundo día das patronais en honra a San Vicenzo continuouse coa degustación gratuíta de mexillóns, que volveu servir de reclamo para atraer á localidade centos de persoas. Case todos os bares que participaron nesta proposta gastronómica, impulsada co apoio do Concello, esgotaron as súas existencias de moluscos, uns 1.200 quilos, que serviron seguindo distintas receitas. A deste ano foi a decimosétima edición das xornadas culinarias, convertidas xa nunha cita de referencia no calendario lúdico do municipio. 

Ademais de celebrarse esa degustación, este domingo tamén actuou a coral da asociación Músico Crisanto, na misa do patrón, e os veciños puideron gozar do espectáculo da orquestra Los Trovadores.
 

Os negocios de Rábade pecharon a súa campaña para atraer clientela...
comentarios