Multa de 30.000 euros a unha canteira por unha explosión que deixou 3 feridos no Corgo

O TSXG ratifica a sanción a Ingemarga pola deflagración rexistrada no Corgo en 2010. Tres persoas sufriron lesións graves cando manupulaban pólvora negra para facer unha voadura

LUGO. A empresa Ingemarga terá que abonar unha multa de 30.000 euros pola súa responsabilidade nunha explosión rexistrada hai dez anos —o 12 de febreiro de 2010— nas súas instalacións do Corgo, un accidente que se saldou con tres traballadores feridos de gravidade.

Tras abrir unha investigación, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas sancionou en noviemTSXGubicada en Santa María de Piñeiro, no municipio corgués. Nese momento, dous traballadores estaban a manipular pólvora negra para facer unha voadura, en presenza dun garda de seguridade. De súpeto, produciuse unha deflagración e os tres homes resultaron feridos.

As causas do accidente non chegaron a deterse, pero o xuíz conclúe que «non se avaliou o risco» do encartuchado de pólvora

Os traballadores foron trasladados de inmediato ao hospital lucense con queimaduras de diversa consideración e os médicos de Urxencias decidiron derivar a un dos feridos ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac), xa que o seu estado era de extrema gravidade.

INVESTIGACIÓN. Tras o suceso, tanto a Garda Civil como os enxeñeiros da Consellería de Economía e Industria abriron unha investigación, pero non chegaron a determinar as causas concretas do accidente.

Ingemarga alegou desde o principio que cumpriu as súas obrigacións como titular da canteira. «Non parece razoable que lla considere responsable cando non consta que incumprise as normas. Ademais, quedou clara a inexistencia de calquera relación causal entre o risco e o sinistro», explicou o seu avogado.

O tribunal, con todo, explica que a operación que estaban a realizar os operarios en presenza do garda de seguridade —encartuchado de pólvora negra en minas era habitual e entrañaba un risco. Aínda así, non se recolleu na avaliación de riscos por posto de traballo que se incluía no documento sobre seguridade e saúde que a empresa presentou na consellería correspondente.

A sentenza explica que Ingemarga foi sancionada por non incluír a operación de encartuchado de pólvora negra en minas, habitual na explotación, no documento de Seguridade e Saúde. «O descoñecemento das causas que provocaron a deflagración non é relevante a efectos de acreditación do tipo polo que se sancionou», conclúe.

Comentarios