Unha muller de mediana idade resulta ferida nun accidente en Palas de Rei

O choque produciuse ás seis da tarde na estrada secundaria que une Campos e Parada, cando dous automóbiles sufriron unha colisión frontolateral que non deu lugar a consecuencias graves

Unha colisión entre dous vehículos na parroquia de Carteire, en Palas de Rei, saldouse este sábado cunha ferida leve. O choque produciuse ás seis da tarde na estrada secundaria que une Campos e Parada, cando dous automóbiles sufriron un accidente frontolateral que non deu lugar a consecuencias graves.

Unha muller de mediana idade, que conducía un Seat Eivissa, tivo que ser asistida polos operarios do 061 despois de que o seu coche impactase contra un Ford Focus, a cuxo volante se atopaba un mozo de Antas de Ulla, que saíu ileso do incidente.

Os servizos de urxencia recibiron a chamada e ata o lugar dos feitos desprazáronse a ambulancia do 061, axentes da Garda Civil, membros do corpo de Protección Civil de Palas de Rei e persoal do GES de Monterroso.

Comentarios