A mellora da LU-231 entre Friol e Palas vertebrará dentro dun ano o interior lucense

A Xunta dá luz verde á licitación dos traballos nun primeiro tramo de 9 quilómetros
La carretera LU-231. EPjpg
photo_camera A estrada LU-231. EP

O Consello da Xunta deu luz verde este martes á licitación da mellora do primeiro tramo da LU-231, entre Friol e Palas de Rei, por un importe de 2,8 millóns de euros, que inclúe expropiacións para ensanchar a calzada. Reformarase de inicio a metade do traxecto, os primeiros 9 quilómetros dos 18 desta serpenteante estrada cuxa estreiteza —de 5 metros ou menos nalgúns puntos e sen beiravías— fai que moitos condutores a eviten. 

Para reverter esta situación e que pase a vertebrar "o interior da provincia de Lugo", como explicou Feijóo, a Xunta prevé ensanchala ata os 8 metros e eliminar as curvas máis pechadas e perigosas que presenta e peraltar de novo outras. A previsión do Goberno galego é que a obra quede executada a pouco máis dun ano vista —a principios de 2022—.

"Conectará Palas coa A-6 en Begonte, moi preto do enlace ca A-8, polo que mete estes concellos dentro das autovías", sintetizou Feijóo.

Comentarios