Mägo de Oz, o gran reclamo de Paradela

A banda de heavy folk abre esta noite as patronais de Paradela cunha actuación gratuíta que se prevé multitudinaria

El grupo Mägo de Oz durante un concierto. EP
photo_camera O grupo Mägo de Oz durante un concerto. EP

A BANDA de heavy folk Mägo de Oz ofrecerá esta noite un concerto en Paradela, onde abrirá as festas en honra á Virxe de los Dolores. A actuación deste lendario grupo madrileño será gratuíta e forma parte da xira conmemorativa do trixésimo aniversario da formación, que incluíu concertos en Francia, Italia, Alemaña, Rusia,Estados Unidos e en varios países latinoamericanos.

Este grupo musical cultivou importantes éxitos con temas tan coñecidos como ‘Molinos de viento', ‘Fiesta pagana', ‘La posada de los muertos' ou ‘La costa del silencio'.

A comisión organizadora das festas optou por organizar un concerto de música pop, no canto de contar cunha orquestra tradicional, ao entender que veciños e potenciais asistentes xa gozaron con frecuencia das verbenas protagonizadas por estas últimas ao longo do verán. Ademais, a xornada inaugural dos festexos está dedicado á mocidade.

A comisión de festas está integrada por Miguel López Varela, José Golás e Jorge Galego, quen solicitaron axudas en establecementos comerciais de Paradela, Sarria e Lugo, ás que se suma a subvención concedida polo Concello paradelense.

A programación das patronais continuará mañá cunha sesión vermú e unha verbena animadas pola orquestra Ibiza. Punto Crave porá a nota musical no baile de mediodía e na verbena do domingo.

O programa continuará o 29 de setembro cunha xornada en honra a San Miguel, organizada pola mesma comisión, cunha verbena amenizada Los Satélites.

MOTOS. As patronais de Paradela coinciden coa concentración moteira organizada polo Motoclube Os Mouchos, que se desenvolverá este fin de semana. A apertura de inscricións iníciase hoxe e continuará cunha cea moteira. Mañá haberá unha ruta con petiscos, xogos populares, un show acrobático e cea e festa moteira con disc jockeys e orquestra. O domingo haberá almorzo e unha nova ruta moteira, entrega de trofeos e agasallos e unha comida de despedida aos participantes.

Comentarios