Mario Outeiro retírase da portavocía do BNG do concello do Corgo

Outeiro será director do IES Pedregal de Irimia, en Meira, e non poderá compatibilizar as dúas ocupacións
undefined
photo_camera O exportavoz do BNG Mario Outeiro. EP

O concelleiro do BNG, Mario Outeiro, comunicou o seu cesamento no cargo na Asemblea local do partido celebrada o martes. O profesor corgués deixa a súa acta logo de dez anos como portavoz do bloque no concello por motivos profesionais. Outeiro será director do IES Pedregal de Irimia, en Meira, e non poderá compatibilizar as dúas ocupacións.

Outeiro presentouse á alcaldía en tres ocasións -nos anos 2011, 2015 e 2019- e encargouse tamén da xestión da Área de cultura e turismo da Deputación de Lugo e da portavocía do grupo provincial do BNG desde o 2011 ata o 2015. A pesar de abandonar o cargo, seguirá ligado ao municipio no plano cultural, xa que continuará formando parte das directivas da asociación cultural Arumes do Corgo e do Centro de Estudos do Corgo.

Outeiro seguirá ligado ao municipio no plano cultural, xa que continuará formando parte das directivas da asociación cultural Arumes do Corgo e do Centro de Estudos do Corgo

Pilar Bellón, que será a encargada de sucedelo, asumiu o cargo con ilusión "e responsabilidade" e agradeceu a dedicación de Mario Outeiro á vecinanza e ao municipio, ademais de recoñecelo como "un referente na política local". Bellón, que conta co respaldo unánime da asemblea local, manifestou que despois do verán comezarán a ampliar a base social do partido no Corgo de cara ás próximas eleccións municipais. Engadiu que o seu traballo será "continuísta e construtivo".

Comentarios