sábado. 24.08.2019 |
El tiempo
sábado. 24.08.2019
El tiempo

Máis de 100 menores sumáronse en Rábade ás escolas deportivas locais

Menores que participaron no fin de curso das escolas de Rábade. EP
Menores que participaron no fin de curso das escolas de Rábade. EP

As máis seguidas foron as de patinaxe e ximnasia rítmica

As escolas deportivas municipais de Rábade foron seguidas este curso por máis de 100 menores, consolidándose como unha das propostas con mellor aceptación entre os máis novos do municipio.

Este ano, as modalidades impartidas foron atletismo, xadrez, tenis de mesa, ximnasia rítmica e patinaxe. As dúas últimas foron as máis seguidas, do mesmo xeito que en anteriores edicións.

O Concello de Rábade ofertou máis disciplinas, como taekwondo, baloncesto ou balonmán, pero ao final non se chegaron a desenvolver ante a falta de inscritos.

Esta programación clausurouse este xoves cunha exhibición

Sobre o perfil dos participantes, foron menores de entre catro e 16 anos de idade, que seguiron as clases desde o pasado mes de maio.

Algúns deles protagonizaron este xoves, no pavillón municipal, unha exhibición de fin de curso coa que quixeron mostrar a familiares e amigos o aprendido nestas disciplinas.

MAIS PROPOSTAS. Á espera de que arrinque a próxima edición das escolas, o Concello volveu a programar, para a época vacacional, os seus tradicionais campamentos. Haberá un do 1 ao 5 de xullo, para menores de oito a doce anos, e outro do día 8 ao 12 dese mesmo mes, para menores de catro a sete anos.

A oferta complétase cun campus de patinaxe, do 24 ao 28 de xuño, e un campamento multiaventura en Viveiro, do 24 ao 26 e para alumnado de primeiro a cuarto diso e primeiro de BAC. Amplían a información na casa consistorial.

Máis de 100 menores sumáronse en Rábade ás escolas deportivas locais
Comentarios