Juan Serrano, tras ser elixido senador autonómico: "Darei o mellor de min"

O exalcalde de Portomarín apunta que achegará a súa experiencia da "aprendizaxe política e empresarial"
Juan Serrano. AEP
photo_camera Juan Serrano. AEP

Juan Serrano, que foi elixido este martes como novo senador en representación da comunidade autónoma de Galicia, asegura que asume esta nova responsabilidade política coa intención de strong <>"trasladar" ao Senado "o sentir da xente nestes momentos difíciles", provocados pola "crise económica e sanitaria".

"Vou dar o mellor de min", dixo nunha entrevista concedida a Cope Lugo, para servir "a toda a cidadanía galega" coa experiencia da "aprendizaxe política e empresarial" que, ás veces de forma "intensa", foi adquirindo ao longo da súa vida.

Serrano, que renunciou á alcaldía de Portomarín semana pasada, afirmou que "ganas" non lle faltan" de seguir "traballando", tamén para "servir a esa maioría social que representa en Galicia" o proxecto do Partido Popular e que se caracteriza por aplicar "o sentido común" á política.

Segundo a información que manexa, tomará posesión do seu novo cargo o vindeiro martes.

O exalcalde de Portomarín foi elixido este martes como novo senador en representación da comunidade autónoma, tras ser proposto polo PPDEG para substituír a strong <>Jesús Vázquez Abad, quen renunciou ao seu cargo para abandonar a política.

A elección, que se realizou por votación en urna, foi por 41 votos a favor, do PPdeG, e 31 en branco dos grupos da oposición, BNG e PSDEG.

Natural de strong <>Portomarín, Serrano López é empresario relacionado co sector avícola e foi alcalde deste concello lucense desde o mes de maio de 2011 ata a pasada semana, cando presentou a súa dimisión á Alcaldía. 

Comentarios