O alcalde de Portomarín presume de busto

Juan Serrano garda na súa casa unha escultura súa, realizada en poliespán polo artistas Pipe Molina
Serrano xunto ao busto de poliespán. EP
photo_camera Serrano xunto ao busto de poliespán. EP

O artista lucense Pipe Molina colgou este luns nas súas redes sociais unha das súas últimas obras, un busto do alcalde de Portomarín, Juan Serrano, realizado en poliespán. Nunha das imaxes subidas á rede, o propio rexedor aparecía nunha divertida pose xunto á reprodución.

Segundo indicou a este medio o propio rexedor, o orixinal busto débese a un agasallo que hai semanas lle realizou o empresario local Rubén Soengas Lamas, xerente de O Mirador, co que lle une unha gran amizade.

Para Serrano, que garda a obra no seu domicilio, o detalle foi "toda unha sorpresa, que me encantou tanto polo ben feita que está como pola orixinalidade do agasallo".

O alcalde de Portomarín, que onte se desprazou a Santiago de Compostela para asistir á presentación do libro de Mariano Rajoy Una España mejor, puxo a Rubén Soengas como exemplo dun dos empresarios do municipio "que máis pronto empezou a apostar polo Camiño".

Comentarios