Investigados dous mozos tras ser interceptados con cocaína nun coche en Rábade

Son dous veciños de Lugo de 22 anos
Un coche de la Guardia Civil. ARCHIVO
photo_camera Un coche de la Guardia Civil. ARCHIVO

A Garda Civil investiga dous veciños de Lugo por un delito de tráfico de drogas tras ser interceptados nun turismo cuns gramos de cocaína e unha sustancia supostamente empregada para o corte da droga. 

Segundo informou o Instituto Armado, investiga en Rábade a dous veciños de Lugo de 22 anos de idade como presuntos autores dun delito contra a saúde pública por tráfico de drogas. 

Unha patrulla identificou aos ocupantes dun turismo nun control á altura de Rábade, no que levaban cinco gramos de suposta cocaína; 107 gramos dunha sustancia -pendente de determinar- que, concretan as mesmas fontes, puidese utilizarse para o corte da droga; unha báscula de precisión; e 460 euros en efectivo fraccionado en billetes de diverso valor. 

Estas dúas persoas investigadas foron postas a disposición xudicial, indicou a Benemérita.