Investigados dous mozos por ocupar unha vivenda deshabitada en Rábade sen a autorización dos seus donos

Os presuntos autores ocuparon no mes de abril unha casa

A Garda Civil imputou en calidade de investigados a dous veciños da localidade de Rábade, ambos de 23 anos de idade, como presuntos autores dun delito de usurpación dun ben inmoble por ocupar unha vivenda deshabitada sen autorización dos seus donos.

Segundo informou o Instituto Armado, os presuntos autores ocuparon no mes de abril unha vivenda situada na localidade de Rábade sen autorización dos seus propietarios.

As mesmas fontes explicaron que esa vivenda atópase deshabitada "e non cumpre os requisitos mínimos de habitabilidade esixidos legalmente".

As dúas persoas investigadas en relación con estes feitos foron postas a disposición xudicial.