Un incendio queima unha nave con rolos de herba seca no seu interior en Friol

Ningunha persoa resultou ferida. 
Oficinas del 112 en Santiago. EP
photo_camera Oficinas do 112.

Un incendio declarado no interior dunha nave pequena con rolos de herba seca no municipio de Friol (Lugo) causou danos na construción, pero ningunha persoa resultou ferida. 

Segundo informou o 112 Galicia, arderon rolos de herba seca que se almacenaban dentro do alpendre e as chamas afectaron "levemente" á súa estrutura. 

Os feitos sucederon no lugar do Manxadoiro, na parroquia de Carballo, sobre as 8,55 horas deste mércores. Unha persoa contactou co 112 Galicia para alertar do incendio e indicou que ardía unha nave sen actividade na que se gardaba maquinaria agrícola. 

Por iso, por parte do CIAE 112 Galicia pasouse o aviso aos Bombeiros de Vilalba, á Garda Civil e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. Os servizos de urxencia finalizaron os labores de extinción do lume sobre as 11,00 horas. 

Comentarios