sábado. 29.01.2022 |
El tiempo
sábado. 29.01.2022
El tiempo

O Goberno central aproba o proxecto da glorieta da N-VI en Outeiro de Rei

Sin nombre
Lugar onde se situará a glorieta. GOOGLE MAPS
As obras teñen un orzamento estimado de 365.472 euros.

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) aprobou o expediente de información pública e o proxecto de trazado da construción dunha glorieta na N-VI ao seu paso por Outeiro de Rei, en Lugo. As obras teñen un orzamento estimado de 365.472 euros.

A resolución, que se publicará no BOE proximamente, inclúe unha serie de prescricións como resultado das alegacións presentadas no procedemento de información pública e que deberán incluírse no proxecto de construción.

A glorieta instalarase no quilómetro 513,670 da N-VIN, no termo municipal de Outeiro de Rei, onde un carril central de espera permite os xiros á esquerda desde a N-VI cara á estrada autonómica LU-115.

Esta intersección, apunta o Goberno, soporta un "intenso tráfico viario e peonil" debido á proximidade do acceso á autovía A-6, o polígono industrial de Outeiro de Rei e a presenza dunha serie de equipamentos e dotacións na contorna da intersección. Unha parte importante do tráfico da intersección realiza actualmente xiros á esquerda.

A actuación proxectada consiste na transformación en glorieta da actual intersección en T, mellorando a súa funcionalidade e seguridade viaria, permitindo axustar a velocidade media do tráfico ao seu paso pola travesía de Outeiro de Rei e dispondo ademais de novos cruces peonís seguros nos tres accesos á glorieta. Como resultado da información pública, modificarase a localización do paso de peóns na LU-115 para evitar retencións na glorieta.

O Goberno central aproba o proxecto da glorieta da N-VI en Outeiro...
comentarios