A Garda Civil investiga a dúas persoas polo furto de 3.000 euros en Castroverde

Tamén se investigan roubos en Guntín e Outeiro de Rei

A Garda Civil investiga a dúas persoas por un furto realizado no termo municipal de Castroverde. O instituto armado impútalles a subtracción duns 3.000 euros.

Este non é o único contratempo que obrigou á intervención de axentes da Benemérita. Así, segundo puido saber este diario, efectivos da Garda Civil tamén foron avisados dun roubo, en grao de tentativa, no concello de Guntín.

En concreto, rexistrouse no lugar coñecido como Venda do Intre e os ladróns, finalmente, non se puideron facer con ningún botín, aínda que provocaron desfeitas, sen que transcendese a contía económica dos mesmos.

Para rematar, no termo municipal de Outeiro de Rei a Garda Civil investiga un delito de roubo con forza nas cousas. Segundo informaron o instituto armado, os feitos rexistráronse nun alpendre situado en Sobrada e tampouco transcendeu que levaron do mesmo os ladróns.

Comentarios