Un funcionario de Bonxe sofre unha agresión por parte dun dos internos

O preso tivo que ser reducido á forza
Centro penitenciario de Bonxe, en Outeiro de Rei. XESÚS PONTE
photo_camera Centro penal de Bonxe, en Outeiro de Rei. XESÚS PONTE

Un funcionario do centro hospitalario de Bonxe atópase en situación de baixa médica, por un cadro de ansiedade, debido á agresión que sufriu por parte dun dos internos da prisión.

O preso tivo que ser reducido á forza e, posteriormente, foi trasladado ao Hula para unha valoración psicolóxica, debido ao seu estado de nerviosismo. Alí tamén foi sometido a un test do Covid-19, no que deu negativo.

Comentarios