Martes. 18.09.2018 |
El tiempo
Martes. 18.09.2018
El tiempo

Un friolés require atención médica pola picadura dunha avespa velutina

Avespas velutinas. AEP
Avespas velutinas. AEP

O home estaba a rozar unha leira, cando se topou coa colmea no chan

Un veciño de Friol requiriu atención médica na tarde deste sábado tras sufrir a picadura dunha avespa velutina. O home atopábase rozando unha leira, cando se topou coa colmea que estaba a nivel de chan. Posteriormente, notou que un insecto se coaba por baixo da máscara de protección, picándoo preto da boca, o que lle causou unha gran hinchazón.

De inmediato desprazouse ao centro de saúde da localidade onde foi atendido. Alerta de que na zona comezan a ser frecuentes as velutinas, cando antes non as había.

Un friolés require atención médica pola picadura dunha avespa...