Martes. 25.09.2018 |
El tiempo
Martes. 25.09.2018
El tiempo

Ferreira de Pallares espera reunir a unhas mil persoas na súa feira artesanal

Presentación da feira artesanal de Ferreira de Pallares. SEBAS SENANDE
Presentación da feira artesanal de Ferreira de Pallares. SEBAS SENANDE

O evento, patrocinado pola Deputación, celebrarase o domingo 12

A XIV Festa Artesanal de Ferreira de Pallares (Guntín) espera superar os mil visitantes o próximo 12 de agosto. Ao redor dunha decena de artesáns participarán este ano no evento, que ofrecerá demostracións de oficios tradicionais, actuacións de música ou degustacións de produtos locais.

A Asociación Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares é a encargada de organizar as actividades. Conta coa colaboración do Concello de Guntín e co patrocinio da Deputación Provincial, que financia o acto con 3.000 euros.

Na presentación do programa, a deputada de cultura, Pilar García Porto, fixo fincapé no número de asistentes á feira. "Nese data multiplicar por sete a cifra de habitantes desta parroquia de 130 veciños", comentou.

Resaltou, tamén, o "grande interese turístico" do marco no que se localiza a festa. Ao igual que en ocasións anteriores, o festexo situarase nas inmediacións do mosteiro de Ferreira, "unha xoia arquitectónica aínda bastante descoñecida", segundo sinalou este xoves a representante da comisión organizadora, Socorro Castro Juárez.

PROGRAMA. A cita inclúe outras opcións ademais das mostras artesanais de cerámica, cantería ou cestería. ás 13.00 horas os asistentes poderán gozar—de forma gratuíta— das filloas da zona. Ás 13.15 horas, dará o pregón a xornalista Raquel Gandoy e, xusto despois, celebrarase unha misa solemne seguida da sesión vermú. Ás 14.45 horas está previsto que comece unha comida de confraternidade veciñal e, pola tarde, haberá un campionato de tute.

Ferreira de Pallares espera reunir a unhas mil persoas na súa feira...
Comentarios