Ferido un vixiante do Santo Anxo de Rábade pola mordedura dun menor

Entrada del centro Santo Anxo de Rábade. EP
photo_camera Centro Santo Anxo. AEP

Un vixiante do Santo Anxo de Rábade necesitou este martes asistencia médica, despois de que un menor ao que intentaba tranquilizar propináselle unha dentada nun dos seus antebrazos.

Este novo altercado súmase ao rosario de fugas e actos violentos que veñen sucedendo no centro nos últimos meses, con episodios cada vez máis graves.

O incidente deste martes, no que outro vixiante do centro tamén recibiu un forte golpe no xeonllo, tivo lugar na zona de cociña e despensa do centro, cando apenas pasaban uns minutos do mediodía.

Un dos menores encerrouse nestas dependencias visiblemente alterado. Entre un dos vixiantes e a educadora intentaron tranquilizalo, pero ante a actitude violenta que mostraba o mozo, que empezou a esnaquizar portas e outro mobiliario, optaron por pedir apoio a outro dos gardas que nese momento atopábase no patio exterior.

Cando este segundo vixiante chego ao lugar e agarrou ao menor para intentar retelo e evitar que seguise causando desfeitas, recibiu unha forte dentada no antebrazo o que lle obrigou, unha vez acabado a súa quenda, a acudir a un centro sanitario para ser atendido.

O agresor, que nun momento da disputa recibiu tamén o apoio doutro dos internos para poder fuxir, non puido ser reducido ata que chegou ao lugar unha patrulla da Garda Civil que fora previamente alertada por persoal do centro. Ata alí tamén se desprazou unha ambulancia sanitaria.

O vixiante agredido está pendente da valoración médica por se debe coller a baixa laboral e ao longo deste mércores interporá a correspondente denuncia.