Unha persoa resultou ferida leve este martes pola mañá en Rábade despois dunha colisión frontolateral entre tres turismos.
O suceso produciuse sobre as dez da mañá no quilómetro 515 da Nacional VI.
Os tres coches implicados sufriron danos materiais.