Un home resultou ferido este venres ao quedar atrapado no apeiro do tractor que manexaba en Guntín, segundo informou o Centro Integral de Atención ás Emerxencias 112 Galicia. O accidente tivo lugar ás 17.30 horas no lugar de Ferreira.
A vítima foi liberada por varias persoas que presenciaron o accidente e que foron as encargadas de dar o aviso á central de urxencias. Ata o lugar desprazouse unha dotación de Urxencias Sanitarias 061 para atender o ferido.
#EnVídeo O ferido na #Guntín atrapado no apeiro do tractor que manexaba
â?? https://t.co/vyICirrw18 < href="https://t.co/4qAlY2L2xa">pic.twitter.com/4qAlY2L2xa<> — O Progreso de Lugo (\elprogreso_Lugo) September 13, 2019<>