Un ciclista resulta ferido nun atropelo na N-VI no Corgo

Un ciclista que circulaba pola N-VI resultou ferido este mércores no Corgo. Atendendo á información divulgada pola Garda Civil, o sinistro rexistrouse ás 16.20 horas no quilómetro 490 da vía.

Non foi o único atropelo ocorrido este mércores na provincia de Lugo. En Taboada, unha muller de idade avanzada faleceu tras ser arroiada por un coche na LU-611.