Un ferido en Cangas del Narcea por unha deflagración dunha pirotecnia de Outeiro

A explosión causou danos na contorna

Unha persoa resultou ferida na madrugada do domingo nas festas de Cangas del Narcea polo efecto dunha onda expansiva causada por unha deflagración incontrolada de 1.400 voadores procedentes da empresa Pirotecnia Astariz, con sede en Outeiro de Rei.

A explosión causou danos na contorna e o rexedor local, José Víctor Rodríguez, apuntou que puido deberse a un fallo mecánico. O suceso está a ser investigado pola Garda Civil.

O pasado mes de xullo de 2018, nas mesmas festas de Cangas, unha vintena de persoas resultaron feridas noutra exhibición pirotécnica. Neste caso, os voadores pertencían a outra empresa.