sábado. 05.12.2020 |
El tiempo
sábado. 05.12.2020
El tiempo

Un condutor resulta ferido nun accidente de tráfico en Outeiro de Rei

Vehículo sinistrado en Outeiro de Rei. EP
Vehículo sinistrado en Outeiro de Rei. EP
O vehículo no que circulaba saíuse da vía e posteriormente envorcou

Unha persoa resultou ferida, en principio de carácter leve, nun accidente de tráfico que tivo lugar ao redor das sete da mañá deste venres no termo municipal de Outeiro de Rei.

O suceso tivo lugar á altura do punto quilométrico 509,480 da N-VI. Por causas que se descoñecen o condutor perdeu o control do vehículo e saíuse da vía para acabar envorcado na cuneta.

A central de urxencias do 112 Galicia recibiu o aviso dun particular informando do sucedido. Por mor desta chamada mobilizou ata o lugar do sinistro aos servizos sanitarios e a unha patrulla do subsector de tráfico da Garda Civil.

Un condutor resulta ferido nun accidente de tráfico en Outeiro de Rei
comentarios