Ferida unha muller ao saírse da vía na estrada que comunica Friol e Parga

A condutora perdeu o control do vehículo nunha curva e impactou contra unha árbore

photo_camera Ambulancia. EP

Unha muller resultou ferida na mañá deste sábado ao saírse da vía co seu coche na carrerera que une Friol e Parga.

O suceso produciuse pasadas as 10.30 horas no punto quilométrico 4,200 do mencionado viario, dentro do termo municipal de Friol.

Por causas que se descoñecen a condutora perdeu o control do seu coche, un Audi A3 de cor negra, nunha curva e saíuse da vía impactando contra unha árbore. A pesar da aparatosidade do accidente a vítima sufriu contusións e queixábase dun forte foi trasladada ao hospital Virxe dos Ollos Grandes para facerlle un recoñecemento médico.

ACCIDENTE EN BECERREÁ. Na mañá deste sábado produciuse outro accidente no termo municipal de Becerreá. Un dos participantes de a ruta 4X4 que acolle o municipio este fin de semana resultou ferido leve ao perder o control do&seu nbsp;vehículo nunha devasa. 

Comentarios