Ferida unha muller nunha colisión por alcance no Picato

O sinistro produciuse na rotonda de acceso á autovía de Santiago, un punto no que se repetiron con frecuencia os choques

Accidente en O Picato. SEBAS SENANDE
photo_camera Accidente no Picato. SEBAS SENANDE

Unha muller sufriu feridas, en principio leves, nun accidente de tráfico que tivo lugar este xoves, ás sete menos cuarto da tarde, na rotonda da estrada Nacional 540, no acceso á autovía de Santiago (A-54), preto do Picato.

Foi unha colisión por alcance entre dous vehículos que se produciu tras caer unha tromba de auga. A vítima foi atendida polo persoal sanitario dunha ambulancia do servizo 061 que se trasladou ao lugar do contratempo. Tamén se desprazaron axentes do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Lugo. Nesta zona son frecuentes os accidentes, aínda que nos últimos meses non se orixinou ningún que revestise gravidade.