A Feira do Cabalo de Friol inclúe o día 26 mercado, concursos e carreiras de trote

A Feira do Cabalo foi presentada este venres polo alcalde de Friol xunto a outros representantes do goberno municipal e o comité organizador
Asistentes a la presentación de la Feira do Cabalo de Friol
photo_camera Asistentes a la presentación de la Feira do Cabalo de Friol. EP

O Concello Friol o vindeiro domingo día 26 unha nova edición da Feira do Cabalo, que nesta ocasión inclúe un mercado de compra e venda de gañado equino, concursos morfolóxicos, carreiras de trote e unha xincana.

A cita foi presentada polo alcalde de Friol, José Ángel, xunto con outros representantes do goberno municipal, acompañados por sJorge Lodeiro, José Manuel Núñez, Ana López, Rubén e Rebeca Vázquez, e Unai Frías, ademais de varios veciños do municipio e afeccionados ao mundo ecuestre en xeral.

A feira abrirase ás 8.30 horas no mercado municipal. Desde ese momento xa quedará aberto oficialmente o mercado de compra e venda, mentres que unha hora máis tarde, ás 9.30, iniciaranse os concursos morfolóxicos das distintas categorías.

Pola tarde, a partir das 15.30 horas, darán inicio os concursos de andaina tradicional e andaina libre, continuando posteriormente coas carreiras de trote, que se iniciarán a partir das 18.30 horas. A xincana, pola súa banda, comezará ás 19.00.

O programa pecharase ás 20.00 horas coa entrega de premios aos tres primeiros clasificados de cada categoría. Recibirán trofeo e premios en metálico de 150, 100 e 50 euros, respectivamente. A maiores, os cuartos e quintos clasificados nas carreiras de andaina levarán de premio un saco de penso.

A xornada tamén inclúe o sorteo dun poldro e doutros agasallos para os asistentes. Tamén haberá póneis para que poidan montar os máis pequenos.

As inscricións para participar nos distintas competicións estarán abertas ata as 15.00 horas do día 23.

Comentarios