Feijóo, desde Outeiro de Rei: "Se Pedro Sánchez non é investido sería un fracaso"

Feijóo, en la fábrica de Larsa en Outeiro de Rei.SEBAS SENANDE
photo_camera Feijóo, na fábrica de Larsa en Outeiro de Rei.SEBAS SENANDE

O presidente da Xunta e do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, na inauguración das novas instalacións de Larsa en Outeiro de Rei, dixo que espera e desexa que o presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, "poida ter unha maioría que facilite a súa investidura", porque "de non ser así sería un fracaso".

"Un fracaso", manifestou Alberto Núñez Feijóo, cunha "responsabilidade evidente, persoal e intransferible" por parte do candidato á Presidencia do Partido Socialista, "o señor Sánchez".

Nese sentido, sostivo que por parte do Partido Popular espérase "un mínimo de responsabilidade por parte do señor Sánchez", que no seu momento presentou "unha moción de censura a un presidente que gañara claramente as eleccións", con maior "porcentaxe de escanos e de votos que el mesmo", e xa fixera "repetir as eleccións no ano 2015".

Por iso, tamén dixo que non ·lle sorprende" que agora culpe da "súa precaria situación" a partidos cos que "non quere gobernar, acordar, nin expor un programa ou unha coalición de goberno".

Desde o seu punto de vista, o que está a intentar facer o candidato socialista é construír "un relato", para xustificar por que se vai apoiar no populismo e no independentismo vasco e catalán", algo que "nunca ocorreu" antes.

Segundo Núñez Feijóo, Pedro Sánchez está "a construír un relato para responsabilizar a outros partidos, cos que non quere pactar", dun acordo que xa está "a ganduxar" con partidos como "ERC, Bildu, Podemos ou o PNV".

"Este tipo de relatos son unha xustificación para dicir que é inevitable pactar con eles", engadiu. En todo caso, manifestou que "xa era hora" de que Pedro Sánchez dese ese paso para intentar a investidura, porque "levamos cun Goberno en funcións practicamente un ano" e España "necesita un Goberno de forma inmediata"

Comentarios