A familia de nabos máis grande de Gracián

Algunha das hortalizas cultivadas por Darío Silvosa en Castroverde supera os 13 quilogramos de peso
Darío Silvosa, con los cuatro nabos. EP
photo_camera Darío Silvosa, con los cuatro nabos. EP

A casa de Darío Silvosa e Pilar Docando está chea de marcos de fotos, como tantas outras. Con todo, hai unha delas que chama a atención. Nin primo, nin filla, nin parentes: ¡un nabo! Un nabo que hai dez anos fora noticia neste medio, por alcanzar os dez quilogramos de peso.

Ben, pois nas vitrinas da súa casa en Gracián, no municipio de Castroverde, xa terán que facer sitio para outra. Esta vez, a familia crece con catro novos membros que tamén roldan os dez quilos, aínda que un quixo bater unha nova marca e sumar tres máis.

Aos nabos pásalles como ás persoas, en certo xeito. Di Darío Silvosa que o segredo de que crezan tanto é que o fan con moito espazo ao redor. "Se non, coma dicimos na aldea, quedan espesos", explica. Seis metros cadrados para doce nabos, esa parece ser a ecuación do milagre.

O seguinte será quitarlles a verza, que lles servirá de abono. Noutro lugar, como manda a sabedoría, volverán plantar os bulbos para velos florecer en xuño, e máis adiante extraer deles unas das mellores sementes de nabos do país. Seguro que o álbum non acaba aquí.

Comentarios