Falece aos 101 anos un dos avós do Corgo

Residía en San Andrés de Chamoso

O municipio do Corgo despediu este luns a Manuel Díaz Varela, un dos seus veciños máis lonxevos, que faleceu o domingo na súa casa de Hospital, na parroquia corguesa de San Andrés de Chamoso, aos 101 anos de idade.

Manuel Díaz era unha persoa moi querida no municipio, no que residiu a maior parte da súa vida, dedicándose a actividades agrícolas. Proba dese agarimo foi a cálida homenaxe que o pasado ano recibiu dos seus veciños e familiares con motivo do seu cen aniversario.