jueves. 12.12.2019 |
El tiempo
jueves. 12.12.2019
El tiempo

Excarceran a un mozo de 28 anos en Friol tras saír da vía co seu vehículo

Coche accidentado en Friol. EP
Coche accidentado en Friol. EP

O turismo chocou contra unha árbore

Un home resultou ferido este martes pola mañá despois de saírse da vía co coche no que circulaba e chocar contra unha árbore na LU-232, en Friol á altura do punto quilométrico 13.

Os servizos de urxencia tiveron que utilizar material de excarceración para liberar ao condutor xa que estaba atrapado no interior do turismo. Un particular chamou ao 112 Galicia ás 9.45 para avisar do sucedido.

No dispositivo de urxencia participaron o 061-Urxencias Sanitarias e os Bombeiros de Vilalba e de Lugo. Tamén acudiron ao lugar dos feitos a Garda Civil de Tráfico, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Friol e o servizo de mantemento da estrada.

Excarceran a un mozo de 28 anos en Friol tras saír da vía co seu...