Evacúan de urxencia a dous traballadores, un con feridas de consideración, que sufriron unha caída no Corgo

Os operarios atopábanse realizando o seu traballo no campo da festa
Una ambulancia del 061. ARCHIVO
photo_camera Unha ambulancia do 061. AEP

Dous traballadores que realizaban tarefas no campo da festa do Corgo foron evacuados de urxencia tras sufrir unha caída desde unha altura de cinco metros.

O suceso, do que informa o Ciae 112 Galicia, tivo lugar ás 14.45 horas deste mércores, cando os operarios atopábanse realizando o seu traballo no campo da festa e sufriron unha caída desde uns cinco metros de altura.

Tras recibir o aviso, Urxencias Sanitarias 061 mobilizou os seus efectivos para atender ás vítimas. Unha delas presentaba feridas de gravidade e foi trasladado xunto co seu compañeiro ao centro médico de referencia.