Evacuado un motorista tras chocar cun coche na N-VI no Corgo

O accidente produciuse concretamente en Gomeán

Un motorista foi evacuado este sábado a un centro hospitalario lucense tras chocar cun coche na N-VI ao seu paso por Gomeán, no Corgo.

Persoal de Urxencias Médicas avisou do contratempo á central do 112 pouco antes da unha do mediodía, e ese servizo alertou á súa vez ao subsector de Tráfico de Lugo.

Segundo fontes dese dispositivo, as feridas non parecían revestir gravidade.