Unha muller de 43 anos foi trasladada ao Hula tras recibir a coz dunha vaca en Friol na tarde do luns. Segundo informou o 112 Galicia, tivo constancia dos feitos a través dunha chamada dos servizos sanitarios poucos minutos antes das 20.00 horas.
Na comunicación, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 informaron de que unha persoa acababa de recibir un golpe dunha vaca e de que mobilizaban o helicóptero medicalizado con base en Santiago para o lugar da Gándara, na parroquia de Lea. Con eses datos, os xestores do 112 alertaron á Garda Civil e aos membros da agrupación de voluntarios de Protección Civil do municipio, por se fose necesario o seu apoio no lugar.
Finalmente, o equipo médico de urxencias confirmou ao 112 Galicia que a muller, de iniciais M.J.V.S., foi trasladada nunha ambulancia de soporte vital básico.