Espalladoira fixa unha decena de actividades culturais e deportivas en Castroverde

Os días 2 e 3 de abril celebrarase a primeira edición da Carballo Extrem e para este ano tamén prevé un ciclo de conferencias, varias rutas e excursións ou un concurso infantil de construción de espantallos
Generated by  IJG JPEG Library
photo_camera García Juanes, diante da granxa reconvertida a centro cultural. EP

A asociación Espalladoira de Castroverde, que preside Jesús García Juanes, celebrou este pasado fin de semana a súa asemblea anual na que, entre outros puntos do día, aprobouse o programa de actividades para 2022. O colectivo porá en marcha ao redor dunha decena de iniciativas, nas que, como principal novidade, inclúese este ano a organización de probas de carácter deportivo.

Tal e como estaba inicialmente previsto, os días 2 e 4 de abril celebrarase a Carballo Extrem. Trátase dunha carreira de resistencia que se disputará na leira onde se sitúa a antiga granxa cunícola que foi reconvertida como centro social de Espalladoira. Os participantes deberán realizar 14 etapas de 12 quilómetros cada unha, coa dificultade engadida de ter que ir desposuíndose de pezas en cada unha delas para acabar descalzos na última volta.

En colaboración coas demais asociacións de Castroverde, o centro social de Espalladoira acollerá o 14 e 15 de maio o ciclo de conferencias denominado Encontros na Terra, no que os relatores ofrecerán charlas sobre as súas experiencias emprendedoras no rural, «teñan ou non un carácter lucrativo», aclara García Juanes.

En colaboración coas demais asociacións de Castroverde, o centro social de Espalladoira acollerá o 14 e 15 de maio o ciclo de conferencias denominado Encontros na Terra

O empresario Carlos Reixa, de quesería Santo André; Marcos Vázquez, director do museo da maquinaria de Láncara, ou o historiador Ricardo Polín son algúns dos conferenciantes que xa confirmaron a súa asistencia a este encontro.

Tamén en colaboración cos outros colectivos locais, a finais de primavera celebrarase unha ruta ata a torre de Castroverde, como anticipo dunha festa de recreación histórica que se pretende facer na contorna deste monumento en 2023. 

«En xullo tamén utilizaremos as instalacións do centro social para facer un concurso infantil de fabricación de espantallos», anuncia García Juanes, que avanza que unha vez que se falle o certame haberá unha sesión de paintball na que os participantes poderán destruír as figuras que eles mesmos construíron.

A asociación recupera este ano outras festas, como a de San Xoán, programada para o 24 de xullo; o Día da Filloa, que será o 16 de outubro, ou o magosto popular, fixado para o próximo 6 de novembro

Jesús García Juanes tamén confirma que ao longo de 2022, Espalladoira continuará coa organización doutras actividades que xa eran habituais antes do parón ao que obrigou a crise sanitaria derivada do covid-19.

Deste xeito, recupéranse a festa de San Xoán, programada para o 24 de xullo; o Día da Filloa, que será o 16 de outubro, ou o magosto popular, fixado para o próximo 6 de novembro. Ademais, ao longo deste ano tamén se celebrarán diferentes rutas e excursións nas que poderán participar os socios deste dinámico colectivo.