Érase unha vez...

A parroquia outeiresa de San Clodio e as súas formigas crean unha aldea de conto formada por diferentes personaxes feitos con materiais reutilizados por Juan Ramón Iglesias e os seus veciños

Una hormiga en un tractor. PICASA
photo_camera Unha formiga nun tractor. PICASA

A aldea das formigas atópase na parroquia de San Clodio, en Outeiro de Rei, a tan só a uns minutos de Lugo.

José Ramón Iglesias comezou unha iniciativa para converter a súa parroquia nun lugar turístico para toda a familia. O percorrido iníciase cun cartel que di "Érase unha vez..." e que pon comezo unha ruta na que se irán descubrindo diferentes personaxes. O que fai curioso este lugar é que todas as esculturas están feitas de materiais reciclados como latas ou bolsas. As protagonistas deste conto son unhas curiosas formigas elaboradas con plásticos de silo.

Durante todo o percorrido atópanse sinais e carteis que van indicando por onde ir e que é o que estamos a ver. Á beira de cada personaxe dáse unha breve explicación de quen é deixando lugar a que cada persoa interprete a súa mensaxe.

A aldea das formigas esconde algunhas sorpresas, entre elas unha das construcións camufladas baixo a terra onde atopamos un túnel horrible que esconde no seu interior unha prezada xoia.

Formigas de San Clodio. PICASA

Entre todos os personaxes poderemos atopar unha formiga radar, a parada dun bus escolar, unha nave espacial, un avión, varios animais, unhas formigas na volta ciclista...

O autor das obras, José Ramón Iglesias, foi construíndo un conto, aos poucos, engadindo cada vez máis historias, máis detalles e máis personaxes, coa colaboración dos veciños da parroquia.

O máis curioso é que aos poucos a aldea vai crecendo, e con ela a historia que conta. O máis probable é que cada vez que se visite teña algún personaxe novo con algo novo que contar e que ensinar.

José Ramón Rodríguez Iglesias, co seu novo e curioso proxecto Vida en la Aldea pretende fomentar a reciclaxe, a agricultura sostible, a colaboración e solidariedade entre veciños e cidadáns en xeral e o coidado e respecto polo medio ambiente, uns valores que nos tempos que corren son cada vez máis necesarios e que é importante que a xente non se esqueza de coidar o lugar ao que pertence e ao que pertencerán as seguintes xeracións.

De interese
Dirección: San Clodio, Outeiro de Rei

Como chegar: Desde Lugo atópase a 10 quilómetros. A Calzada dás Gándaras leva directamente ata San Clodio. Outra ruta é pola Nacional VIN, tomamos o primeiro desvío á dereita, que pon Seivane, pola LU-P-3907.

Que ver cerca: No concello de Outeiro de Rei tamén se atopa a Insua de Seivane coa súa ponte colgante e a Fervenza do Piago.

Comentarios