Unha empresa de transportes do Corgo doa case 600 litros de lejía

Transportes Gallardo realizou a súa colaboración a través da Garda Civil
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library

A empresa Transportes Gallardo, con sede no municipio do Corgo, doou case 600 litros de lejía pura para que poida ser utilizada nos labores de desinfección para frear a propagación do coronavirus, a través da Garda Civil.

Segundo informou a Benemérita, esta empresa fixo entrega desa doazón no posto da Garda Civil de Baralla.

Onte -domingo, 5 de abril- fixo entrega dun palé enteiro de lejía "normal-, con 39 caixas de tres garrafas -de cinco litros cada unha-, o que suma 585 litros de produto desinfectante.

En todo caso, a empresa informou á Garda Civil que, "se fose necesaria", doaría outros dous palés de lejía normal á Comandancia de Lugo.

Esta doazón súmase a outras que recibiu a Garda Civil de Lugo desde que comezou a urxencia sanitaria provocada polo coronavirus.

Unha empresa do municipio de Cospeito doou miles de elementos de protección persoal e outras dúas ocúpanse de desinfectar o interior e os condutos de aire dos vehículos policiais con ozono.

Ademais, o taller de costura 'Troita de Pé', en colaboración con once "costureras da comarca", fixo entrega na Comandancia da Garda Civil de Lugo de 1.100 máscaras de protección confeccionadas polos seus alumnos. 

Comentarios