A Deputación de Lugo acomete melloras na estrada que une O Corgo e Castroverde 

O investimento é de 378.00 euros e o ancho da estrada pasará de 4,5 metros a sete
José Tomé en su visita a las obras. DIPUTACIÓN DE LUGO
photo_camera José Tomé na súa visita ás obras. DIPUTACIÓN DE LUGO

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, xunto co alcalde de Castroverde e deputado de Cooperación cos Concellos, Xosé Maria Arias, supervisou este martes os traballos de ensanche e mellora que se están desenvolvendo na carretra provincial LU-P-1201 no tramo que une os núcleos de Coto, no Corgo, e San Agustín, en Castroverde. 

Segundo informa a institución provincial, trátase dun investimento de 378.000 euros nunha actuación pola que o ancho da carretra pasará dos 4,5 metros aos sete. 

As obras afectan a 1,5 quilómetros, entre os núcleos de Coto, en Corgo, e de San Agustín, en Castroverde, e consisten no movemento de terras, a drenaxe transversal mediante reposición de cunetas e pavimentación, entre outras actuacións. O proxecto inclúe a construción dunha nova ponte sobre o río Postigo.

Comentarios