Detido un veciño de Portomarín por fuxir dun control e intentar despois agredir os axentes

O home quedou en liberdade tras pasar este martes a disposición xudicial
Intervención en Portomarín. EP
photo_camera Intervención da Garda Civil en Portomarín. EP

A Garda Civil detivo na tarde do luns un veciño de Portomarín como suposto autor dun delito de desobediencia e resistencia. Na mañá deste martes quedou en liberdade mantendo a condición de investigado.

Atendendo á información divulgada polo instituto armado, o home, de 55 anos, foi arrestado sobre as catro da tarde do luns, despois de que se dese á fuga nun "punto de verificación" no quilómetro 84.2 da estrada LU-633.

Foi interceptado e identificado máis tarde, e nese momento "altérase e intenta agredir supostamente os axentes"

Comentarios