A Garda Civil detivo no municipio lucense de Rábade a un home de 45 anos de idade sobre o que un xulgado de Bilbao emitira unha orde de procura e captura.
En concreto, segundo informa o Instituto Armado, trátase dun home de nacionalidade senegalesa sobre o cal constaba unha requisitoria para o seu ingreso en prisión, que emanaba do Xulgado do Penal número 7 de Bilbao.
Tras a súa detención por parte da Garda Civil, procedeuse ao seu ingreso no centro penal de Bonxe.
Delito contra a seguridade viaria en Antas
Ademais, a Garda Civil imputou a un veciño de Antas de Ulla de 57 anos de idade como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria, xa que conducía un ciclomotor pola N-640 sen obter nunca a autorización.
A persoa investigada tamén foi posta a disposición xudicial.