Detido un mozo ponferradino con dose de marihuana e cocaína no Corgo

Foi arrestado ás 23.30 horas deste domingo na estrada D.P.-1611

A Garda Civil detivo un mozo de Ponferrada de 28 anos como presunto autor dun delito contra a saúde pública e interveulle dose de marihuana e cocaína no municipio do Corgo. Segundo informou o instituto armado, foi arrestado ás 23.30 horas deste domingo na estrada D.P.-1611.

No marco dunha investigación policial interviñéronselle 45 gramos dunha sustancia, supostamente marihuana, e 11 gramos de cocaína. O detido foi posto a disposición do xulgado de instrución número 2 de Lugo. 
 

Comentarios