Deteñen a falsa médica que exerceu nun xeriátrico en Outeiro de Rei

Traballou na residencia de maiores durante case un mes. Está a ser investigada polos supostos delitos de intrusismo laboral, contra a saúde pública e falsidade documental 

Sede del Colegio de Médicos, el ente que denunció por intrusismo profesional y falsedad documental a la mujer. GSV
photo_camera Unha doutora atendendo unha paciente. ARQUIVO

Axentes da Garda Civil de Lugo, no marco da coñecida como operación Domus, detiveron unha falsa médica que exerceu case un mes como facultativa nun centro xeriátrico de Outeiro de Rei. A moza, veciña da Coruña de 26 anos e iniciais A.S.A., "carecía da formación e a titulación necesaria" para iso.

A muller foi detida como investigada polos supostos delitos de intrusismo laboral, contra a saúde pública, falsidade documental e falsificación de certificados oficiais.

A investigación foi propiciada —por mor das insistentes publicacións nas súas redes sociais dos seus diferentes traballos como médico— por unha denuncia anónima dunha persoa que alertou de que se trataba en realidade dunha auxiliar de Farmacia. O Colexio Oficial de Médicos de Lugo colaborou na investigación.

Realizadas as comprobacións necesarias e reunidas as probas, procedeuse á súa detención na Coruña.

A sospeitosa xa foi posta a disposición da autoridade xudicial. 

Comentarios