Deteñen dous homes por roubar en varias casas de Guntín e Portomarín

Ambos son veciños de Lugo e gardan entre eles unha relación de amizade, segundo sinalaron varias fontes 
Un agente de la Guardia Civil. GUARDIA CIVIL
photo_camera Un agente de la Guardia Civil. GUARDIA CIVIL

Dúas persoas foron detidas este venres pola Garda Civil pola súa suposta implicación en varios roubos acontecidos en casas de Guntín e de Portomarín. Ao parecer, os actos delitivos leváronse a cabo en, alomenos, dúas vivendas.

Estes dous homes, veciños de Lugo e aos que os une unha relación de amizade, segundo sinalaron fontes consultadas, foron apresados este venres na zona de Portomarín como presuntos autores dos roubos efectuados en días previos en inmobles deste termo municipal e do veciño de Guntín.

Polo momento descoñécese a canto ascende o valor do subtraído e a contía, pero ao parecer si se logrou recuperar o diñeiro roubado e as propiedades roubadas, ademais de incautar unha arma curta e os útiles empregados para levar a cabo estes feitos.

Estas dúas persoas, unha de mediana idade e a outra máis nova, atópanse na Comandancia da Garda Civil de Lugo, á espera de pasar a disposición xudicial, algo que se agarda que aconteza nas primeiras horas da xornada de mañá luns.