Deteñen a un veciño de Outeiro de Rei con orde de procura

Sobre el constaba unha orde de detención e presentación do xulgado de Chantada

Un mozo de 19 anos de idade, veciño de Outeiro de Rei, foi detido pola Garda Civil ás 10.00 horas deste mércores 28 de novembro.

Sobre el constaba unha orde de procura, detención e presentación do Xulgado de Instrución de Chantada.

Tras o seu arresto, foi posto a disposición xudicial.