Denuncian que o centro corgués de día ten dous casos e non toma medidas e a Xunta négao

Manos de un anciano. PIXABAY
photo_camera PIXABAY

Vecinos do Corgo denunciaron que o centro de día do Corgo, de titularidade autonómica, ten dous positivos e non tomou as medidas necesarias que pasan por illar ao persoal e informar as familias.

Pola súa banda, a Consellería de Política Social indicou que o último positivo no centro é do 29 de xaneiro, e que no momento no que se detectou levaba once días sen acudir ás instalacións, polo que se descartou o illamento. Tamén informan que o positivo anterior é do mes de novembro, e que xa superou a enfermidade.

Comentarios