O CPIP de Castroverde é pioneiro no uso de lentes 3D para aprender Francés

Os alumnos efectúan visitas virtuais a poboacións con centros cos que teñen intercambios e melloran a súa expresión oral e escrita
Estudiantes de Castroverde practican Francés con gafas 3D. EP
photo_camera Estudiantes de Castroverde practican Francés con gafas 3D. EP

O colexio público integrado plurilingüe (CPIP) de Castroverde é pioneiro no uso de lentes de realidade virtual nas clases de Francés. Por mor dos novos intercambios virtuais Eduexchanges&Galimiens que o centro iniciou este curso, o departamento de Francés ideou un sistema alternativo para que o alumnado poida visitar Francia sen ter que desprazarse.

O antes e o despois do covid nas clases de Francés de Castroverde "é notable", segundo explica a profesora Gaëlle Maugan, que apostou por investir os fondos procedentes dos programas europeos para a aprendizaxe deste idioma na adquisición unhas lentes 3D "para que o alumnaodo poida efectuar viaxes virtuais polas poboacións francesas onde se atopan os centros cos que manteñen intercambios".

A experiencia comezou cunha visita a Amiens, cuxa catedral cumpre 800 anos da súa construción, e seguirá pola localidade de Briec, en Bretaña. Os estudantes están "gratamente sorprendidos pola experiencia. Chámalles a atención a paisaxe e os elementos arquitectónicos de Amiens, pero tamén as sensacións do impactante mundo virtual", precisa Maugan.

A docente deseñou uns talleres e divide aos estudantes en grupos de dous para a aprendizaxe. "Un leva lentes 3D e explica ao seu compañeiro o que ve e este, que non as leva, encárgase de redactar os comentarios e logo intercambian o seu papel, de modo que reforzan a súa expresión oral e escrita en francés", explica. Deste xeito, os estudantes practican o idioma e coñecen os lugares e a forma de vida dos alumnos galos cos que fan intercambio, "aínda que para o ano que vén esperamos facer unha viaxe físico", indica.

Ao longo deste trimestre, os jovenes descubrirán a través da visión en tres dimensións museos, monumentos, edificios emblemáticos de Francia ou parques de atraccións como Eurodisney, Futuroscope e o parc Astérix.

Comentarios