Unha carteira de Portomarín promociona o Camiño nun vídeo de Correos

Teresa López recomenda aos peregrinos visitar varios lugares da localidade

A carteira de Portomarín, Teresa López Regueiro, é unha das traballadoras elixidas por Correos para protagonizar un vídeo promocional do Camiño de Santiago.

Nunha gravación realizada en diferentes puntos da localidade portomarinense, esta empregada de Correos explica como se construíu o novo pobo e recomenda coñecer a súa escalinata, a capela das Neves ou probar a gastronomía típica do pobo: as anguías ou as tortas e pedras de Portomarín.

Teresa López, que reparte e atende a oficina de Portomarín, participa así nun dos vídeos difundidos por Correos para dar a coñecer distintos localidades do Camiño. As imaxes pódense ver a través das redes sociais da compañía, tanto en Facebook como en Twitter ou Youtube.

Ademais, na páxina web do "Camiño con Correos" pódese ver información completa sobre o Camiño Francés ao seu paso por Sarria e Portomarín: unha descrición da etapa, os aloxamentos dispoñibles ou fotografías da vila.

Comentarios