domingo. 19.01.2020 |
El tiempo
domingo. 19.01.2020
El tiempo

Un corgués enfróntase a dous anos de afastamento por acosar unha veciña

Xulgados de Lugo. XESÚS PONTE
Xulgados de Lugo. XESÚS PONTE
O fiscal tamén pide que sexa sancionado cunha multa de 4.380 euros e a defensa, a libre absolución

O xulgado de instrución número 2 de Lugo celebrou este mércores un xuízo contra un veciño do Corgo, que responde ás iniciais M.A.A., por un suposto delito de acoso a unha veciña. O ministerio fiscal pide para o home, que non ten antecedentes penais, unha pena de afastamento de dous anos, aínda que non delimita a distancia á que non se poderá achegar; unha multa de 12 euros diarios durante 12 meses, o que suma unha contía de 4.380 euros, e outros 1.000 euros de indemnización polos danos morais.

Segundo o escrito da Fiscalía, o home mantivo entre os anos 2013 e 2018, e durante os períodos que residía no municipio do Corgo, basicamente os meses de abril, maio e xuño, un comportamento de persecución diaria cara á muller.

Nun deses episodios o home, supostamente, teríase achegado á súa vítima en bicicleta e freando a roda dianteira entre as súas pernas chegou a dicirlle "que boa estás". Noutra ocasión, dirixiuse ao marido da vítima para dicirlle que "o diñeiro que cobras dállo á túa muller que é unha prostituta".

A defensa, pola súa banda, cuestiona a veracidade destes testemuños e advirte de que, a pesar de que a muller dixo padecer ansiedade e tensión por estes episodios, non presentou ningún tipo de informe médico. Ademais, como testemuñas só se presentaron o seu marido e unha filla, polo que pide a libre absolución do seu defendido.

Un corgués enfróntase a dous anos de afastamento por acosar unha...