PP e Cs selan un acordo para gobernar no Corgo: Felipe Labrada será o alcalde

Javier Vila (Ciudadanos) ocupará o posto de primeiro tenente de alcalde e edil de Vías e Obras

Felipe Labrada. AEP
photo_camera Felipe Labrada. AEP

O candidato do Partido Popular, Felipe Labrada Reija, será finalmente o novo alcalde do Corgo, despois do acordo ao que chegou con Ciudadnos (C's), cuxo cabeza de lista, Javier Vila, será o primeiro tenente de alcalde da corporación municipal e edil delegado de Vías e Obras.

O Partido Popular foi a forza máis votada nas pasadas eleccións municipais, nas que conseguiu cinco concelleiros, pero quedou a un da maioría absoluta, polo que necesitaba un pacto para investir alcalde ao seu candidato, que se presentou por primeira vez, logo da retirada de José Antonio Ferreiro.

O acordo con Ciudadanos, que ten dous edís na corporación, garántelle ao novo alcalde un goberno con maioría absoluta no pleno, dado que o BNG ten un concelleiro e o Partido Socialista tres.

Fontes de ambos os partidos confirmaron que o acordo para formar o goberno bipartito xa foi rubricado na xornada do xoves.

Comentarios